Aloxamento turistico situado en Parada de Sil, o corazón da Ribeira Sacra. Un dos lugares mais fermosos, espectaculares e máxicos da Galicia interior.

Onde Estamos

O noso aloxamento ocupa o espazo de unha antiga casa de Parada de Sil, recentemente restaurada con materiais tradicionais da zona. Os nosos apartamentos están situados en Parada de Sil, o corazón da Ribeira Sacra. A Ribeira Sacra é unha das zonas máis espectaculares do interior de Galicia e destaca pola súa paisaxe, patrimonio e riqueza natural.

A Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha das zonas máis espectaculares do interior de Galicia e destaca pola sua riqueza paisaxística, patrimonial e natural.

Paisaxes de gran beleza como o Canón do Sil ou a pasarela sobre o río Mao. Un dos mellores patrimonios románicos de España nos que o mosteiros de Santo Estevo, Santa Cristina e San Pedro de Rocas son algúns dos seus mellores exemplos. Vestixios da época romana, como a necrópole de San Víctor. Roteiros de sendeirismo por soutos de castiñeiros milenarios e viñedos en pendente cultivados dende a época romana. Todo isto coverte estas terras nun dos mellores destinos para os amantes da natureza, da historia, da tranquilidade e tamén do viño, pois é nas ladeiras dos seus montes onde se atopa a D.O. Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra é un destino para calquer época do ano. Dá igual no tempo que veñas, sempre sentirás a natureza en estado puro: o verde brillante das árbores e prados e as diferentes cores das frores na primavera. Intensas fragancias como a da candea dos castiñeiros no comezo do verán. O amarelo e vermello das cepas, carballos e vidueiros no outono.

Outras webs sobre a Ribeira Sacra:

Qué facer

Alén de nos permitir descansar e desfrutar da máis absoluta tranquilidade, a Ribeira Sacra ofrécenos moitísimas posibilidades.

Se o que procuramos son paisaxes, unha boa cousa é acudirmos aos diferentes miradoiros dende os que nos marabillar co Canón do Sil:

  • Os Torgás (Balcóns de Madrid)
  • Triguás, Pena da Cividade
  • Cabezoá
  • O Picotiño
  • A Costa.

Mais o mellor xeito de desfrutalo e facendo o percorrido fluvial polo canón en catamarán. Tamén podemos percorrer a pasarela sobre o Río Mao, atopándose no seu inicio a Fábrica da Luz recentemente restaurada.

Para nos sumerxir na historia o mellor é visitar algunhas das mais importantes obras do románico peninsular, como os mosteiros de:

  • Santa Cristina
  • Santo Estevo
  • San Pedro de Rocas
  • Montederramo
  • Xunqueira de Espadañedo

E tamén visitar a Necrópole de San Víctor, descuberta recentemente e de alto valor arqueolóxico.

Se o que queremos é entrar en contacto ca súa natureza o mellor xeito é practicando o sendeirismo, pois a Ribeira Sacra é un entorno privilexiado para os amantes desta actividade. Os roteiros de maior interese son:

  • Ruta do Canón do Río Sil – Santa Cristina
  • Sendeiro de castiñeiros e carriozas
  • Ruta do Canón do Río Mao.

Tamén nos podemos achegar a Entrambosríos, nos que destacan os seus muiños e o seu castiñeiro milenario.

Por último recomendamos tamén as adegas da D.O. Ribeira Sacra: Valcar, Leiravella e Ronsel do Sil. A Praia fluvial de Pradomao. E o Embarcadoiro de Rabacallos no río Sil, especialmente indicado para a práctica de piragüismo e outros deportes naúticos.

Reserva

Ofrecémoslle o mellor prezo facendo a túa reserva directamente connosco a través do noso sitio web ou a traves do formulario de contacto. A reserva directa garante a mellor tarifa dispoñible para a súa estadía.

Contacto

Se tes algunha consulta, non dubide en contactar connosco, estaremos encantados de axudarche.

Estrada de Castro Caldelas 17. 32740 Parada de Sil- Ourense

Tlf/WhatsApp: 665 095 118

apartamentosribeirasacra@gmail.com