Apartamentos turísticos situados en Parada de Sil, el corazón de la Ribeira Sacra.
Uno de los lugares más bellos, espectaculares y mágicos del interior de Galicia.

Apartamentos

Los Apartamentos Ribeira Sacra ocupan dos casas antiguas recientemente restauradas con materiales tradicionales de la zona.

Onde Estamos

Os nosos apartamentos están situados en Parada de Sil. Parada de Sil é un Concello da provincia de Ourense, pertencente a Terra de Caldelas e forma parte da Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha das zonas máis espectaculares do interior de Galicia e destaca pola sua riqueza paisaxística, patrimonial e natural.

Paisaxes de gran beleza como o Canón do Sil ou a pasarela sobre o río Mao. Un dos mellores patrimonios románicos de España nos que o mosteiros de Santo Estevo, Santa Cristina e San Pedro de Rocas son algúns dos seus mellores exemplos. Vestixios da época romana, como a necrópole de San Víctor. Roteiros de sendeirismo por soutos de castiñeiros milenarios e viñedos en pendente cultivados dende a época romana. Todo isto coverte estas terras nun dos mellores destinos para os amantes da natureza, da historia, da tranquilidade e tamén do viño, pois é nas ladeiras dos seus montes onde se atopa a D.O. Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra é un destino para calquer época do ano. Dá igual no tempo que veñas, sempre sentirás a natureza en estado puro: o verde brillante das árbores e prados e as diferentes cores das frores na primavera. Intensas fragancias como a da candea dos castiñeiros no comezo do verán. O amarelo e vermello das cepas, carballos e vidueiros no outono.

Outras webs sobre a Ribeira Sacra:

Qué facer

Alén de nos permitir descansar e desfrutar da máis absoluta tranquilidade, a Ribeira Sacra ofrécenos moitísimas posibilidades.

Se o que procuramos son paisaxes, unha boa cousa é acudirmos aos diferentes miradoiros dende os que nos marabillar co Canón do Sil:

  • Os Torgás (Balcóns de Madrid)
  • Triguás, Pena da Cividade
  • Cabezoá
  • O Picotiño
  • A Costa.

Mais o mellor xeito de desfrutalo e facendo o percorrido fluvial polo canón en catamarán. Tamén podemos percorrer a pasarela sobre o Río Mao, atopándose no seu inicio a Fábrica da Luz recentemente restaurada.

Para nos sumerxir na historia o mellor é visitar algunhas das mais importantes obras do románico peninsular, como os mosteiros de:

  • Santa Cristina
  • Santo Estevo
  • San Pedro de Rocas
  • Montederramo
  • Xunqueira de Espadañedo

E tamén visitar a Necrópole de San Víctor, descuberta recentemente e de alto valor arqueolóxico.

Se o que queremos é entrar en contacto ca súa natureza o mellor xeito é practicando o sendeirismo, pois a Ribeira Sacra é un entorno privilexiado para os amantes desta actividade. Os roteiros de maior interese son:

  • Ruta do Canón do Río Sil – Santa Cristina
  • Sendeiro de castiñeiros e carriozas
  • Ruta do Canón do Río Mao.

Tamén nos podemos achegar a Entrambosríos, nos que destacan os seus muiños e o seu castiñeiro milenario.

Por último recomendamos tamén as adegas da D.O. Ribeira Sacra: Valcar, Leiravella e Ronsel do Sil. A Praia fluvial de Pradomao. E o Embarcadoiro de Rabacallos no río Sil, especialmente indicado para a práctica de piragüismo e outros deportes naúticos.

Reserva

Ofrecémoslle o mellor prezo facendo a túa reserva directamente connosco a través do noso sitio web ou a través do formulario de contacto.

Apart. 1 Dorm. Apart. 2 Dorms.
Temp. Baixa
45 2 pax 60 2 pax
55 3 pax 70 3 pax
65 4 pax 80 4 pax
90 5 pax
100 6 pax
Temp. Media
60 2 pax 70 2 pax
70 3 pax 80 3 pax
80 4 pax 90 4 pax
100 5 pax
110 6 pax
Temp. Alta
70 2 pax 80 2 pax
80 3 pax 90 3 pax
90 4 pax 100 4 pax
110 5 pax
120 6 pax

Alta: Semana Santa, Verán (1 de Xullo o 31 de Agosto) , Pontes. (Estancia mínima : 3 Noites)
Media: Fins de semana, Nadal (21 de Decembro o 6 de Xaneiro), Do 21 de Xuño o 30 Xuño, Do 1 de Setembro o 13 Setembro. (Estancia mínima : 2 Noites)
Baixa: De Domingo a Xoves. . (Estancia mínima : 2 Noites)

  • Ofertas especiais para longa estancia
  • Menores de 3 anos gratis. Aluguer dun berce é 10€
  • IVE incluído

Se queres mais información podes consultar as nosas Condicións de reserva

Contacto

Apartamentos Ribeira Sacra

Se ten algunha consulta, non dubide en contactar connosco, estaremos encantados de axudarte.

Estrada de Castro Caldelas 17. 32740 Parada de Sil- Ourense

Tlf/WhatsApp: +34 665095118

apartamentosribeirasacra@gmail.com